¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Docentes e investigadoras da USC botan a andar o Laboratorio de innovación e economía social de Galicia

15/10/2021

O proxecto está destinado á comunidade universitaria galega, entidades de economía social e innovación social, e sociedade en xeral

O Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA) nace co propósito de construír e consolidar un punto de encontro e referencia para as actividades de economía social e innovación social no ámbito universitario galego a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor entre os mozos universitarios, así como a creación e consolidación de emprego.

O proxecto, ademais de estar destinado a persoas da comunidade universitaria (alumnado, profesorado e persoal de servizos xerais) da comunidade galega centrará as súas primeiras actividades nos campus de Santiago de Compostela e Lugo, diríxese tamén a entidades de economía social e innovación social, e á sociedade en xeral.

O LIES_GA, composto por unha equipa de docentes e investigadoras da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, busca:

  • Fomentar a economía social entre o persoal docente e alumnado
  • Impulsar a investigación e a innovación social
  • Mellorar a identificación da economía social e das iniciativas de innovación social como ferramentas de emprendemento orientadas á construción dunha sociedade que sitúe no centro ás persoas
  • Mellorar a empregabilidade das mulleres e das persoas con discapacidade da comunidade universitaria
  • Potenciar e favorecer a interlocución entre as entidades de Economía social e a universidade
  • Mellorar o aliñamento coa axenda 2030 para o desenvolvemento sostible
  • Avanzar cara un novo paradigma que combine crecemento con sustentabilidade

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar